Sonora / Info
[.]Programa
[.]Info
[.]Prensa
[.]Audioteca
[.]Blog
[.]Enlaces
[.]Edicións anteriores
[.]Contacta
 



SONORA 09 v2

A Universidade de Vigo, no seu empeño de seguir formando parte da vangarda cultural universitaria, convoca outro ano máis o festival Sonora.

Sen negar a súa vocación innovadora, Sonora concíbese como algo máis que un festival musical distinto, é un espazo para a música como vehículo e obxecto de coñecemento nun marco conceptual apoiado sempre desde a interdisciplinariedade.

Se a idea é ir de concertos, Sonora é o teu festival. Se a idea é dar a benvida a ese coñecemento contemporáneo, Sonora tamén é o teu festival. E aquí, quizais, radique a verdadeira vangarda deste festival promovido pola Vicerreitoría de Extensión Cultural da Universidade de Vigo.

Na interdisciplinariedade está o futuro, e Sonora soa así, como o futuro. Pola súa aposta adicada a esa inmensa minoría que anda á busca de sons innovadores e estimulantes, e por tentar dotar duns coñecementos transversais que sumen experiencias despertando e promovendo en cada un dos universitarios e universitarias que se acheguen a el, cruzamentos de información altamente enriquecedores.

A vangarda do Sonora é radical. Porque a súa raíz, o seu concepto, é vangardista , como tamén o é a súa forma de desenvolvelo. Sexamos radicais, gocemos do Sonora!!!

Mª del Carmen Cabeza
Vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes

 

PROGRAMA COMPLETO

[Mércores 18 de novembro]
Lugar: Teatro Roberto Vidal Bolaño. Cidade Universitaria. Campus Universitario de Vigo.
Hora: 16:30 horas.

Organiza: Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes.

CONTROL de Anton Corbinj (USA/UK, 2007, VOS)
'Control' é a biografía de Ian Curtis, vocalista do grupo Joy Division, dende 1973, cando ainda era un adolescente, ata a véspera do arranque da primeira xira estadounidense da banda, no 1980. A película, baseada na autobiografía de Deborah Curtis, 'Touching From A Distance', narra a evolución de Curtis dende a súa admiración adolescente por David Bowie ata a súa rápida consagración como estrela do panorama musical de finais dos anos setenta. Rodada en branco e negro, no seu primeiro traballo como director, o prestixioso fotógrafo Anton Corbijn recolle a atmósfera do Manchester da época, amosando cunha impecable fotografía a autenticidade da música de Joy Division e a forza e presenza dos seus directos. Gañadora do Premio Caméra D´Or no Festival de Cannes do 2007 e de 5 premios British Independent Film Awards.

Director: Anton Corbijn. Actores: Samantha Morton, Sam Riley, Alexandra Maria Lara, Joe Anderson, James Anthony Pearson, Harry Treadaway. Música: Joy Division, New Order. Xénero: Biografico, Drama, Musical. Año: 2007. Duración: 117 min. Nacionalidade: USA, Reino Unido, Australia, Japón. Calificación: NRM 13 años Imaxen: Blanco y Negro - PAL - Widescreen 1.85:1 - 16:9. Audio: Inglés (Dolby Digital 2.0). Subtitulos: Español. Lanzamento: 10/06/2009.

Máis info: http://momentum.control.substance001.com/

STANLEY BRINKS with Freschard and Ish Marquez
Stanley Brinks é o alter ego de André Herman Dune, o irmán que abandonou ao grupo francés cando comezaba a súa escalada cara á fama porque non se sentía a gusto coas obrigacións do mundo do pop. A principios de 2009 namorou a todas as audiencias que lle viron teloneando a Jonathan Richman (que se declarou fan absoluto) ou pondo a guinda á xornada de clausura do festival Primavera Sound. Agora, se nos presenta cun "showcase" moi especial, acompañado da cantante francesa Freschard e do fabuloso Ish Marquez, neoiorquino encadrado na escena antifolk e intérprete de folk-soul nunha liña que o emparenta con Arthur Le e co primeiro Jose Feliciano. Os tres músicos acompañaranse instrumentalmente, á vez que cada un interpretará as súas propias cancións , o que fará deste concerto unha "jam" única e especial para Sonora 2009.

Máis info: http://www.myspace.com/therealstanleybrinks
http://www.myspace.com/freschard
http://www.myspace.com/ishmarquez

I AM KLOOT
Procedentes de Manchester, I Am Kloot son un claro exemplo de banda madura e asentada na industria. Johnny Bramwell (voz) Peter Jobson (baixo) e Andy Hargreaves (batería) forman esta banda de indie-rock-pop. Pete Doherty (BabyShambles) ou Guy Garvey (Elbow) decláranse abertamente fans desta banda englobado no New Acoustic Movement. O seu primeiro álbum 'Natural History' (2001), non obtivo moita atención por parte da prensa pero a banda comezou a gañarse fans en toda Inglaterra. Pouco despois, a banda asinou co selo Boto Records e editou os seus dous seguintes álbums 'I Am Kloot' (2003) e 'Gods and Monsters' en 2005 cun maior éxito. Nos seguintes anos, I Am Kloot publicou outra gravación co famoso John Peel e as súas sesións en BBC Radio 1. O seu último álbum 'I Am Kloot Play Moolah Rouge', que xa o ofrecían durante o seu tour 2007 nunha edición limitada, foi lanzado ao mercado durante o 2008.

John Bramwell é o alma desta agrupación, e xunto con Andy Hatgreaves e Peter Jobson forman "I am Kloot", unha banda cuxos orixes remontar a finais dos 80. Desde Hyde, un suburbio de Manchester, souberon camelarse á prensa inglesa tanto polos seus doces e limpos directos como pola alta calidade do seu álbum debut "Natural history" (We love you/Virgin, 01), un disco intimista, acústico e sinxelo, gravado nunha rústica granxa na illa de Mull. Autodidacta coa guitarra, Bramwell puido combinar as súas viaxes por todo o mundo coa súa afección pola música, e unha vez establecido de novo en Manchester encargouse de crear o The Night and Day café, unha plataforma para músicos noveis na que tivo a ocasión de coñecer aos que agora son compoñentes da banda, Pete e Andy. As súas primeiras composicións tiveron unha masiva aceptación, tanto o seu primeiro single 'Twist' como as diferentes achegas a compilaciones varias, que fixeron de I am Kloot unha banda de renome. A madurez vocal de John e a intensidade coa que dota as súas composicións fan que esta banda consiga transmitir moito máis que simples letras e estremezan ao público cada vez que soben a un escenario. 'Twist', 'Sunlight hits the snow', 'To you' ou 'Morning rain' apuntan a converterse en auténticos clásicos do pop.

Máis info: http://www.iamkloot.com/


   


Sonora Espazos para a música